DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.

422 MILLÓNS DE PERSOAS PADECEN DIABETES!
A OMS dedica o Día Mundial da Saúde á diabetes.
A diabetes está moi relacionada coa obesidade e o sobrepeso, que aumentan a medida que aumenta o nivel económico dun país. Os países con ingresos medios/altos teñen máis do dobre de persoas con obesidade que os países con poucos recursos.
Segundo as previsións da OMS, a diabetes será a sétima causa de defunción para 2030.
Hai varios tipos de diabetes.
A diabetes tipo 2, tamén coñecida como non insulinodependiente ou de inicio na idade adulta é o 90% dos casos. Os afectados producen insulina pero unha cantidade insuficente ou o seu corpo non a utiliza dunha forma eficaz. Débese, en gran medida, ao sobrepeso ou ao sedentarismo.
Evitar o sedentarismo e consumir unha dieta saudable son fundamentais para a súa prevención, polo que xa sabes, un motivo máis para poñerse as pilas e moverse!



2 comentarios:

Marthazul dijo...

Hola, estaba paseando por este blog y necesito dejaros un comentario. Yo tengo diabetes tipo 1 desde hace casi 30 años. Pasé toda la primaria en el colegio de Rubianes, siendo la única diabética. El "progreso" y la mala alimentación está haciendo que cada día seamos más. Pero antes de hablar de la tipo 2, deberíais aclarar que hay dos tipos. La tipo 1 y la tipo 2, y corregir el error porque la que fijo es insulinodependiente es la tipo 1, que suele aparecer en la infancia o juventud. La tipo 2 a veces requiere insulina, pero no siempre, pues suele regularse con pastillas. Así que cuando habléis de salud tened mucho cuidado con la información, porque no es una broma.

https://boreal.com.es/2014/08/08/diabetes-24-horas/

Profe EF dijo...

Ola.
Antes de nada, agradecer tanto a visita ao blog coma o teu comentario, pois grazas a el, púidose corrixir o erro que mencionas e añadir ese "non" que quedou polo camiño, o cal falando de diabetes, a pesar de ser só unha pequena palabra, marca unha gran diferencia nas persoas que a padecen.
Aproveito tamén para matizar un par de aspectos.
Se non se falou da diabetes tipo 1, nin da xestacional por poñer outro exemplo, foi porque a Tipo 2 débese en gran medida a un peso corporal excesivo e á inactividade física, polo que se contamos con certos hábitos saudables temos moito ao noso favor. Sen embargo no que respecta ao Tipo 1 todavía a día de hoxe descoñécese a causa que a orixina.
E por último, resaltar que somos moi conscientes que a saúde non é unha broma, por eso durante cada curso centramos os nosos esforzos en tentar inculcar hábitos saudables entre o noso alumnado.
Un saúdo e animámosche a seguir visitando e aportando no blog.