RECREOS ACTIVOS

SORTEOS "PONTE AS PILAS E MÓVETE!"
Ao longo do curso celebráronse varios sorteos grazas á participación no proxecto, como dispoñer do pavillón para xogar cos amigos/as ou desfrutar dunha sesión de " fotos deportivas".
Aquí tendes algúns dos premiados/as.



FINAIS DO I CONCURSO DE TRIPLOS
 E que me dicides das finais de triplos? Que emocionantes!
Os que máis puntos acadaron foron "Os mellores da cancha" na final de consolación, e "Os tigres" na final. Estes foron os equipos que máis puntos fixeron, porque gañadores/as diría que foron todos/as os que participaron polos bos momentos que pasamos, non che parece?


A continuación das finais, celebrouse unha entrega de Diplomas ben animada.


FINAIS DO 1º CONCURSO DE TRIPLOS!
A fase de grupos foi moi emocionante. Que campións nos depararán as finais?




MENUDOS RECREOS!


Os nosos recreos dan para todo!
Que se fútbol, que se baloncesto .....
O datchball non tardou en pegar forte e agora mesmo son os rapaces e rapazas os que organizan os seus partidos, facendo equipos mixtos de todas as idades. Dá gusto velos!!

Como podedes observar na fotografía, mentres uns xogan ao datchball, ao fondo, outro grupo está traballando no horto na actividade "os mércores con Sachiño" 

En Rubiáns é imposible aburrirse!!!

CONCURSO DE TRIPLOS!


Mañá dará comezo o 1º Concurso de Triplos do RCB (Rubiáns Clube de Baloncesto)

Os equipos terán que demostrar as súas habilidades para encestar dende 5 puntos diferentes.

Este campionato promete en vista dos reforzos que fixeron algúns equipos fichando aos profes!!!!

DO DEREITO E DO REVÉS!



Propuxémonos mellorar en deportes de raqueta, e para iso necesitamos practicar.

Certos recreos podemos reservar tanto o pavillón do colexio para xogar ao bádminton, como a nosa mesa de ping-pong deseño exclusivo.

XAQUE MATE!


Grazas aos nosos expertos/as de 6º de primaria, este ano nos recreos impártense clases de xadrez.
Que se o alfil en diagonal, os cabalos en "ele"...

Son uns profes fantásticos!

O RECUNCHO DE PILI


Que vida ten este recuncho!
De non ser grazas aos encargados/as que traballan arreo, tremendas colas se formarían.
É chegar e coa mesma, escolles material, toman nota e...a xogar ao patio!


BENVIDA PILI!

O pasado curso, adaptamos un corredor do centro para colocar o tablón do proxecto.
Grazas a dito tablón, presidido pola nosa mascota, puidemos manternos informados de todo o referente ao mesmo, lembras?
Pero...grave erro o noso! Tíñamos unha mascota sen nome!!!
Non podíamos seguir así!

Tras unhas eleccións democráticas sen ningún tipo de presións , a ver se algúns toman nota, puidemos poñerlle solución.


Benvida Pili!

1 comentario:

Anónimo dijo...

hola , yo y algunos de mis compañeros fuimos los ganadores pero tengo que admitir que habia nombres muy chulos