Mostrando entradas con la etiqueta máis froita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta máis froita. Mostrar todas las entradas

Reto 13 : zumes naturais




Mañá comezamos o mes de maio, así que aproveitando que xa temos unha gran variedade de froitas á nosa disposición, que vos parece si facemos un reto de zumes, granizados e smoothies??

Deixamos a continuación unha serie de enlaces a diferentes receitas que vos poden servir de guía, pero podedes aportar as vosas creacións. Agardamos que vos guste este reto e que nos deleitedes unha vez máis coas vosas imaxes.

Froita 1º trimestre


O xoves 20 de decembro, logo da visita do carteiro real, realizouse a entrega de premios aos gañador@s do Concurso “Máis Froita” do primeiro trimestre. Houbo premios para os maiores consumidor@s de froita de cada mes: chaveiros e prendidos; así como premios para os maiores consumidor@s de froita do trimestre: entradas para a Piscina Municipal de Vilagarcía. Parabéns aos gañador@s!  

Recordade que aínda queda moito curso para seguir consumindo froita!!