HEMEROTECA

ENCONTROS DEPORTIVOS

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS
O pasado 26 de Novembro os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de Campo a Través que tivo lugar na Illa de A Toxa e na que estiveron presentes nenos de distintos colexios do Salnés.
TODOS estabamos moi nerviosos, e cando digo todos quero dicir todos e resultou unha experiencia moi gratificante e altamente positiva da que cabe salientar a ilusión coa que participaron e entrearon todó-los nenos.
Nesta carreira resultou gañadora da categoría alevín feminino Laura Rodríguez Gómez, clasificándose para o encontro provincial que terá lugar proximamente.

 ENCONTRO MULTIDEPORTIVO CO COLEXIO SAN FRANCISCO

O martes 25 de xaneiro tivemos o primeiro encontro multideportivo celebrado no Colexio San Francisco de Vilagarcía, no que os nenos de 3º e 4º disfrutaron mentres facían deporte e amigos novos.

Cabe salientar que a participación foi exemplar, pois os resultados foron moi positivos deportivamente, xa que resultamos vencedores nos encontros de minibaloncesto, minibalonmán, fútbol-sala e xadrez feminino e masculino, pero tamén na actitude de repecto cara os contrarios, os compañeiros e as normas (aspecto para min de gran importancia).

Temos que felicitar tamén ós nosos contrincantes polo xogo limpo, as ganas, e o respeto amosado, así como por vencer nos encontros feminino, masculino e mixto de badminton.


RESULTADO DA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL

Hoxe a alumna Laura Rodríguez participou na carreira de Campo a Través da provincia de Pontevedra, realizada en Portas. A clasificación para esta proba tivo lugar en A Toxa en Novembro, ó resultar gañadora na fase zonal.

Foi un día moi emocionante, de moita ilusión, moito ánimo e, sobre todo, moitos nervios.

O nivel que nos atopamos ó chegar ó entorno da Azucareira foi moi alto. A maioría dos participantes pertencían a clubes de atletismo, polo que partían cunha clara ventaxa, xa que a súa condición física é moi boa, están entreados e tamén están acostumados a participar en carreiras. Dito o cal, compre engadir que todos estes factores non fan que lles quite mérito algún ó resultado obtido, senon que é froito dun traballo constante e o esforzo realizado.

En canto a Laura hai que dicir que acadou un resultado moi bo. Foi quen de cubrir a distancia de 1.200m. correspondente á categoría Alevín Feminino e rematar no posto 48 de entre 84 participantes. Fixo unha boa carreira na que deu todo o que tiña, realizando un gran esforzo, manténdose sempre na metade do grupo, sen descolgarse moito e sen rendirse en ningún momento chegando, incluso a  facer un sprint final e adiantar a algunha contrincante. Parabéns Laura!,

Só me queda felicitar a tódolos participantes polo esforzo realizado e animarvos a todos a seguir facendo deporte.



ENCONTRO DEPORTIVO CO COLEXIO ABRENTE

Nesta ocasión desplazámonos a Portonovo para desputar un encontro deportivo co Colexio Abrente. De novo, o resultado foi moi positivo pois todos estaban ansiosos por xogar e amosaron un gran entusiamo dando o mellor de cada un.

Xa fóra do ámbito extrictamente deportivo, teño que destacar o impresionados que se mostraron ó ver as instalacións deportivas do colexio e a queixa xeralizada sobre o estado das nosas instalacións reivindicando unha mellora nas mesmas.  

A realidade é que o tamaño do noso ximnasio e o estado no que se atopa dificulta moito o noso traballo, xa que temos que adaptarnos ás goteiras e a altura do teito (que impide, por exemplo, a práctica do bádminton).

Non podo rematar sin felicitar ós nosos adversarios que deron mostra do seu bo facer e amosaron unha gran comprensión ante os erros cometidos.


ENCONTRO DEPORTIVO CO COLEXIO SAN BARTOLOMÉ DE TREMOEDO

 O 29 de marzo desprazámonos ó colexio San Bartolomé de Tremoedo. Recibíronnos moi ben e o pasamos xenial. 

Os resultados deportivos non foron moi bos, pois perdemos en case todo-los encontros (todo agás xadrez) pero eso tamén nos valeu para darnos conta de que aínda que pensemos que somos moi bos sempre hai alguén que nos pode gañar, así que debemos acudir sempre con humildade. O mellor é que os nenos recoñeceron que esto era así.

Os nosos parabéns para os alumnos e mestres do colexio San Bartolome.


REMATE DOS ENCONTROS DEPORTIVOS

Como xa sabedes tanto no segundo ciclo como no  terceiro iamos participar en dous encontros deportivos con outros colexios pero finalmente e debido a un erro non poderemos facer o segundo encontro por parte do alumnado do 3º ciclo.

Seguro que o próximo curso vamos aínda con máis ganas.


AVALIACIÓN DA NOSA PARTICIPACIÓN

O análise da nosa participación nestas actividades foi moi positiva, pois serviu de motivación, coñecemos xente nova, gañamos con deportividade, perdemos con resignación pero asumíndoo...

En fin, coido que foi unha boa actividade e que se debería repetir en vindeiras ocasións.



XOGOS POPULARES

No mes de novembro de 2010 estivemos traballando a través dos xogos populares, aqueles ós que xa xogaban os nosos pais, os nosos avós...; e que mellor forma de coñecelos que preguntándolles a eles.
Os nenos do 1º ciclo preguntaron na casa e trouxeron unha morea de xogos ós que xogaban os seus pais. Os de 2º e 3º ciclo preguntáronlles ós seus avós coñecéndoos así un pouco máis (algúns puideron descubrir que os seus avós non podían xogar porque tiñan que traballar).

Pouco a pouco iremos poñéndoos todos. Velaiquí tendes algúns dos xogos que recompilaron:
A PITA
Un neno con un balón na man ten que lanzalo para alcanzar a outro neno, cando o fai, ten que sentarse no chan e o neno que foi alcanzado recolle o balón e vai en busca doutro rapaz para darlle. Gaña o último que queda co balón.
Recollido por:

A PEONZA
Enrolar unha corda a unha peonza, logo coller o extremo libre desta e tirar con forza a peonza ao chan mantendo collido o extremo de corda. Ao chergar ao chan a peonza xirará, gañando o que máis aguanta.
Recollido por: 
AS CANICAS:
BOTAR FÓRA
Debúxase un círculo  de 1 metro como máximo. Os xogadores colocan nel unha ou varias canicas. Por turnos tírase unha canica tentando botar fora as canicas dos demáis xogadores ou escapar evitando saír do recinto.
Recollido por:
OS 6 BURACOS.
Xogadores: entre 4 e 6.
·      Cavar 6 buracos na terra e numeralos do 1 ao 6.
·      Trazar unha liña de 5 metros que serve para determinar a orde de participación.
·     
A PETANCA:
Catro xogadores tiran a sua bola para acercarse o mais posible a unha boliña plateada, o xogador que mais se acercara gaña, e ten que tirar a boliña plateada para a siguiente rolda.
Recollido por:
AS CHAPAS:
Debúxase unha pista e cada xogador tentará botar a chapa dos opoñentes fóra da pista.
Recollido por:
YO-YO
Enrolar a corda na ranura do yoyo e lanzalo de xeito que suba e baixe. Pódense facer diferentes trucos.
Aportado por:
PELETRE
Lánzase unha pequena pedra a unha casilla seguindo a orde dos números. Sáltase de casilla en casilla da forma correspondente,* non se pode caer na que ten a pedra. Á volta hai que deterse no cadro anterior e agacharse para recoller a pedra. Séguese saltando ata sair.

CURSO 2011-2012

Neste curso tocou investigar sobre os xogos da comba. Velaiquí unha mostra dos xogos recollidos:

*Soy la reina de los mares
      Soy la reina de los mares
     y ustedes lo van a ver,
     tiro mi pañuelo al suelo
     y lo vuelvo a recoger.
     Pañuelito, pañuelito,
     quien te pudiera tener
     guardadito en el bolsillo
     como un pliego de papel.

   · 2 nenas dan á comba e outra entra a saltar cun pano na man.
   · Cando a letra di "tiro mi pañuelo al suelo y lo vuelvo a recoger", a nena que está saltando tira o pano ó chan e, sen deixar de saltar, o volve recoller.
                       Noa Portas Mosquera

* Un capitan sevillano
     Un capitan sevillano
   7 hijas el dio Dios,
   y tuvo la mala suerte
   que ninguno fue varón (bis).

   Un día la más pequeña
   tuvo mala inclinación
   de ir a servir al rey
   vestidita de varón (bis).

   No vayas hija, no vayas
   que te van a conocer
   tienes el pelo muy largo
   y dirán que eres mujer (bis).

   Si tengo el pelo muy largo,
   padre córtemelo usted,
   y después de bien cortado
   un varón pareceré (bis).

   7 años en la guerra
   y nadie la conoció,
   hasta que un día en el campo
   la braguita se le vio (bis).

   El rey que estaba mirando
   de ella se enamoró,
   pidió permiso a su padre
   y con ella se casó (bis).
                        Laura Bralo

*Paseando por el camino
   Paseando por el camino
   cansado de andar,
   a la sombra de un árbol
   me puse a descansar.

   Estando descansando
   por allí pasó
   una chica muy guapa
   que me enamoró.

   Rubia de cabellos
   blanca de color,
   estrecha de cintura,
   así la quiero yo.
                       Laura Bralo

 * Pan, queso, tocino
    Hai que saltar á corda mentres se di pan, queso, tocino, tocino, tocino, tocino... Cada vez máis rápido á vez que xira a comba. Acábase cando o que salta perde.

* Rei, rei
   Rey, rey, ¿cuántos años viviré?
   yo soy pequeñita y no lo sé.
   1 añito, 2 añitos, 3 añitos...
                       Carmen Soto Bendaña

* El remolichón
   El remolichón,
   que cuantos son.
   Que de 21 salga 1,
   que de 22 salgan 2,
   que de 23 salgan 3...
                     Carmen Soto Bendaña

*¿A cuántos añitos me voy a casar?
   Cántase:
   - Mamá, papá, ¿a cuántos añitos me voy a casar?
   - A los 1, a los 2, a los 3.......
                        Pablo, Cristina Petisco Fdez., Brais 
    Variante:
   - Papá, mamá, ¿de cuántos añitos me puedo casar?
   - de 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, ...
                        Yasmina
* A la barca

* Al cocherito leré

* O reloxo
   Os xogadores forman un círculo. Dentro de el ten que estar un coa corda, que a vai xirando á altura dos pés ou xeonllos, para que os demais a salten. O que non consegue saltala perde e ten que ir ó medio.
                      Geraldine Silva Olarte



II XOGOS DE RUBIANS
Este curso 2011-2012 está adicado ós Xogos Olímpicos, e como non podía ser doutro xeito, imos practicar moitos deportes.
Por este motivo a estructura dos Xogos de Rubiáns cambia radicalmente e cada mes estará adicado a un deporte diferente e haberá un encontro por aula en cada ocasión.

A continuación podedes atopa-la relación de deportes que xogaredes nos recreos:

  • Setembro-------- atletismo
  • Outubro --------- baloncesto
  • Novembro ------ ximnasia
  • Decembro ------- floorbal
  • Xaneiro ---------- xadrez
  • Febreiro ---------- bádminton
  • Marzo ------------  balonmán
  • Abril --------------  rugbi
  • Maio -------------- voleibol (3º ciclo)
  • Xuño -------------  fútbol
Esta lista pode ser modificada dependendo das condicións atmosféricas, necesidades organizativas... De todo elo estaredes ben informados.



I XOGOS DE RUBIANS

REGULAMENTO:
  • Os equipos serán mixtos.
  • Os equipos que xogan deben ser puntuais á hora de baixar.
  • Cando xogan 2 equipos de cursos diferentes o equipo do curso máis baixo xogará cun xogador máis.
  • Un dos equipos que non xoga ese día será convocado para arbitrar.
  • Os árbitros deberán coller e recoller o balón de xogo, arbitrar e comunicar o resultado do encontro á mestra de EF
  • As decisión arbitrais hai que respetalas sempre.
  • Si un xogador comete 5 faltas leves no campionato terá un partido de suspensión.
  • Calquer equipo que non acepte a derrota ou non gañe con deportividade poderá ser sancionado incluso coa perda dun partido. 
  • Os partidos de fútbol xogaranse en 2 tempos de 10 minutos, con cambio de portería.
  • Antes de pasar do medio campo para presionar e defender deben toca-lo balón todo-los xogadores. os defensores deben esperar a que pasen do medio campo para defender.
  • Nos encontros de brilé faranse 2 ou 3 partidas en función da súa duración.

EQUIPOS




A

B

C

D
  • César
  • Lucía
  • Verónica
  • Roberto
  • Kristian
  • Aldara
  • Carmen
  • Isabel
·         Carlos
·         Luis
·         Micaela
·         Javi
·         Manuel
·         Oihana
·         Eugenia
·         Bea
·         Pablo
·         Iara
·         Judith
·         Andrea
·         Angela
·         Giovanni
·         David
·         Martín
·         Lúa
·         Isma
·         Noa
·         Lorena
·         Marco
·         Jonathan
·         Geraldine
·         Carla

E

F

G

H
·         Laura
·         Carmen
·         Alex
·         Ricardo
·         Chenoa
·         Alba
·         Jacobo
·         Miguel
·         Álvaro
·         Ángel
·         Pablo
·         Alba
·         Yasmina
·         Patricia
·         Elias
·         Oriana
·         Davinia

·         Sami
·         Cristina
·         Leti
·         Sabrina
·         Joaquín
·         Nerea
·         Jose

·         Jairo
·         Andrea
·         Elena
·         Iván
·         Laura
·         Samuel
·         Iria
               Isma




I

J

K

·         Alex
·         Manuel
·         Anabel
·         Nerea
·         Anita
·         Eloy
·         Pili
·         Alexis
·         Juan
·         Javi
·         Julio
·         Alex
·         Meri
·         Sara
·         Miriam
·         Iago
·         David
·         Guille
·         Cristian
·         Andrés
·         Paula
·         Andrea
·         Jorge





























CALENDARIO



 ENCONTRO
ÁRBITRO
RESULTADO
TARXETAS
VENRES 13/5
L-I
G (Sami)
1 - O
AA- Andrés
D-B
E (Jacobo)
6 - 3

A-C
E (Ricardo)
EMPATE

LUNS 16/5
K-H
Profe
3 - 2

E-F
L
5-1
R- Jacobo
G-I
L


MÉRCORES 18/5
AC
H
1-0

G-L
K
0-8

F-I
E
I

XOVES 19/5
A-B
D
-

E-H
F
1-1

K-L
I
-

VENRES 20/5
C-D
E
3-1

F-L
I
0-7

K-E
G
3-0
AA- Javi
MARTES 24/5
G-K
Profe


H-I
F
1-4

E-L
F
0-1

MERCORES 25/5
F-K
H
0-9

E-I
Profe
1-2

G-L
H
0-2

XOVES 26/5
I-F
E


E-L
H


K-G
E


VENRES 27/5
K-I
F


H-L
F


E-G
C


LUNS 30/5
E-K
H


B-C
G


F-L
I


MARTES 31/5
F-G
K


A-D
E


L-H
E










XOVES 2/6
E-G
L


F-H
L


K-I
D


VENRES 3/6
G-I
E


K-L
H


B-D
F


LUNS 6/6
G-H
Profe


I-L
F


K-H
F


MARTES 7/6
F-I
D


E-H
G


MÉRCORES 8/6
F-G
H


B-C
I


XOVES 9/6
E-I
F


G-H
F



VENRES 10/6
A-D ¿?
E










Ø O 1º encontro de cada xornada xogarase no campo de arriba.
Ø Os encontros sinalados en azul son os que corresponden ó brilé.


UN POUCO DE DEPORTES

Podedes atopar toda a información sobre os deportes olímpicos e os deportes paralímpicos nestes enlaces.

ATLETISMO
Apetéceche investigar un pouco sobre o atletismoAquí podes aprender moito sobre este deporte. Logo fai esta caza do tesouro e comproba o que aprendiches.
ACROSPORT

Aquí podedes ver algunhas das posturas de acrosport.
BÁDMINTON

BALONMÁN

Regulamento de balonmán. Resumo





VOLEIBOL

Podedes ver o regulamento oficial de voleibol (o más importante para vós é o descrito nas páxinas entre a 29 e a 48) e uns vídeos sobre os xestos técnicos nestes enlaces.

Este é o vídeo dun partido entre España e Rusia no Campionato do Mundo de 2007
XADREZ
 
Neste enlace podes atopar unha guía para aprender os conceptos básicos do xadrez.
Si o que queres e profundizar un pouco mái



UN POUCO DE INFORMÁTICA

Dende este recuncho poderedes acceder a diferentes informacións, enlaces, actividades que podedes precisar.

Comezamos cun enlace proporcionado por SM que vos permitirá practicar os contidos traballados nas distintas asignaturas. Despois de entrar na páxina tecleade o código numérico que ven no lateral do código de barras do libro.

  • O código de matemáticas de 5º é 120148
  • O código de matemáticas de 4º é 113399
A editorial Vicens Vivens tamén nos ofrece actividades complementarias de Coñecemento do Medio:
  • Coñecemento do Medio (5º)
Queres aprender un pouco de Historia? Podes facelo dende este enlace.
Tamén atoparás información interesante aquí.

Queres coñecer a Historia de España? Non te perdas estos vídeos que cho explican moi clariño. Hai, por exemplo, un vídeo sobre a Cova de Altamira, en Santillana del Mar (Cantabria), sobre o castro de Santa Tegra (A Guardia, Pontevedra) ou a colonización de gregos e fenicios.

E si tes curiosidade e queres seguir investigando sobre a Historia en xeral podes seguir elexindo os temas que máis che apetezan. Dende esta páxina podedes acceder a obras de arte, artistas, as civilizacións...

 XOGOS

Nesta páxina podedes aprender mecanografía xogando.
Tamén podedes descargar MECANET, un programa gratuíto de mecanografía, dende aquí. Ten prácticas, xogos e exames.


INTERNET
Internet é unha fiestra que nos abre ó mundo un sin fin de posibilidades: comunicarnos a través de chats ou correos electrónicos, buscar informacíón, consultar a prensa, visitar lugares ou museos virtualmente, mercar, xogar, escoitar música, ler, consultar servicios públicos, acceder a bases de datos, telefonía IP...

E claro, hai tanta información, tantos arquivos na rede que ás veces poñémonos a buscar e buscar ata que atopamos o que realmente nos interesa.  Aquí atoparedes algúns TRUCOS que nos ofrece google para mellorar a búsqueda.



AH! e non esquezades navegar seguro:
NON LLE DEADES DATOS PERSOAIS A NINGUÉN A TRAVÉS DE INTERNET AÍNDA QUE VOS PAREZA UNHA BOA PERSOA. CONSULTÁDEO COS VOSOS PAIS OU MESTRES.

2 comentarios:

Abi5º:) dijo...

Eu teño eso de MECANET!É chhuli...

Orii5º dijo...

Que!?Albiº que dixiste me o poderías dicir

Grazas