Mostrando entradas con la etiqueta retos_saudables. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta retos_saudables. Mostrar todas las entradas

Reto 14: a bailar!

 Volvemos cun novo reto, Nesta ocasión imos mover os esqueletes!!!

 
Que vos parece esta coreografía para bailar en familia?? Animádesvos?? Estamos desexando ver os vosos vídeos!


Reto 13 : zumes naturais




Mañá comezamos o mes de maio, así que aproveitando que xa temos unha gran variedade de froitas á nosa disposición, que vos parece si facemos un reto de zumes, granizados e smoothies??

Deixamos a continuación unha serie de enlaces a diferentes receitas que vos poden servir de guía, pero podedes aportar as vosas creacións. Agardamos que vos guste este reto e que nos deleitedes unha vez máis coas vosas imaxes.

Reto 11: Legumes!

 

Xa estamos de volta coas baterías cargadas para afrontar a derradeira etapa deste curso escolar. O primeiro reto deste trimestre volve a estar relacionado coa alimentación saudable.

Nesta ocasión propoñémosvos elaborar diferentes pratos ou cociñar de distinto xeito as legumes: lentellas, alubias, chícharos, garabanzos,... Estes alimentos non só se poden comer en pratos de culler senón que se poden empregar en diferentes opcións: ensaladas, hummus, croquetas, hamburguesas.... Nos enlaces que vos achegamos podedes ver diferentes receitas que vos servirán de axuda.

ENLACES DE INTERESE:
 

Reto 10: Camiño de Santiago

 



Tranquilidade! Que ninguén se asuste con este reto. Non vos imos mandar a Roncesvalles!

Seguimos camiñando e/ou pedaleando, pero xa que estamos en Ano Santo e Pascua, imos a transformalo en Km do Camiño.

A continuación tedes un enlace de interese onde podedes planificar a distancia ou etapa que queirades percorrer.

Moi boas Pascuas a todos e que padriños e madriñas se porten ben coas roscas.

Ata a volta!!!

Coidádevos e coidémonos!!!

https://www.caminodesantiago.gal/.../ruta-del-mar-de...


Reto 8 O clube dos 1000 pasos!

 

O reto desta semana vai de camiñar. Anímaste a unirte ao noso clube?
Aproveita os espazos marabillosos que ofrece a nosa comarca, fai algunha ruta e trata de chegar aos 10.000 pasos. Parécenvos poucos? Non hai límite! Está nos vosos pés, a gastar zapatillas!!



Reto 7 : O Prato Nutritivo

 Lanzamos o seguinte reto. Nesta ocasión volvemos a retomar o tema ALIMENTACIÓN e propoñémosvos a seguinte actividade.

O Prato Nutritivo é unha guía visual para axudar a educar e motivar a nenos e nenas a comer ben. Dunha ollada, a imaxe representa exemplos das mellores opcións para comidas, merendas, ceas e aperitivos saudables e resalta a importancia da actividade física como parte da fórmula para manterse san.

Consiste en dividir o prato do seguinte xeito: O 50% do prato ten que estar composto de verduras e hortalizas; un 25% de carnes ou peixes, ovos ou legumes; e por último outro 25% de cereais integrais ou tubérculos.

Do que se trata é de elaborar menús moi equilibrados con cantidades proporcionais dos diferentes nutrintes que deben compoñer a nosa alimentación diaria: carbohidratos, proteínas, graxas saudables e vitaminas.

Queredes volver a retomar o "Mandil de Chef" e deleitarnos coa vosa creatividade na composición de pratos "deliciosamente saudables"??

Agardamos as vosas fotos!!!!

Reto 5: Prato “mariñeiro”

 


Unha semana máis aquí vai o noso NOVO RETO, outra vez relacionado coa alimentación saudable. Nesta ocasión a cousa vai de productos do mar. 

Neste enlace no que podedes consultar e aprender receitas novas.

Bo proveito!!!!!

https://osabordaaventuraestanomar.xunta.gal/gl/recursos/receitas

Reto 4: Saltar á corda

 


Gracias unha vez máis por participar nas propostas do cole e colaborar con todo o que se vos pide. 

Seguimos cos hábitos saudables e o RETO nº 4 é o seguinte... Sabeliña volo conta... Quen se anima???

Aquí deixamos unha mostra do que se pode chegar a facer 😆😆😉😉

https://youtu.be/zoMYU_nOGNg



Reto 3: Prato Vexetal

 



      Chega unha nova fin de semana e con ela un novo RETO. Antes de nada temos que agradecer a participación de todos vós no reto do baile. Está claro que temos un montón de artistas no cole e non o sabiamos. Felicidades a todos.

      Agora "ao lío". Nesta ocasión volvemos a meternos entre fogóns e toca cociñar e preparar pratos vexetais.

Animádesvos a compartir con nós o prato vexetal que triunfa nos vosos fogares?? Ensaladas, cremas, parrilladas de verduras, verduras cocidas, papillotes... etc. Todas as opcións son válidas.

                              Veña, mans á obra!!!

Reto 2: Jerusalema Challenge

      Remata a semana e con ela o primeiro reto saudable. Noraboa a todas as familias participantes. Sodes moi creativos e moi saudables. Quedou gráficamente demostrado.

ATENCIÓN NOVO RETO!!!!

      O NOVO RETO que presentamos desde a nosa xanela é un reto moi divertido co que estamos seguros que ides estar encantados.

      Nestes momentos a distancia social é unha prioridade para manternos seguros, pero os divertidos pasos desta famosísima coreografía que xa leva unhas cantas voltas ao mundo enteiro conseguiron que todos e todas nos sintamos máis unidos bailando ao seu son.

      Non pensaron os autores da música e a letra da canción, Master KG e Nomcebo, que ao compoñela estaban a crear un fenómeno mundial.

      O mesmo pasou cos creadores da coreografía, un grupo de nenos e nenas orfos do refuxio Masaka Kids Africana que empregan a música como terapia e que, sen deixar de sorrir nin un segundo, conseguiron chegar a todas as partes do mundo.

     Xa sabemos que será difícil acadar o ritmo e coordinación  que eles teñen, pero desde logo, paga a pena facer o intento, non credes??? 

     Atrevédesvos a bailar como xeito divertido de facer deporte???

                                                                #jerusalemachallenge


Reto 1: Almorzos Saudables

 Este primeiro reto que vos propoñemos deberá conseguirse ata o venres 29. 

Convidámosvos a que preparedes e tomedes un almorzo saudable: e para iso propoñémosvos a seguinte táboa como guía. Podedes engadir o que vos pareza sempre e cando entre na categoría de alimento saudable.

Sede creativos, seguro que está boísimo e amosádenos as cousas tan ricas que preparades!

Recordade!!!! Unha boa alimentación en xeral é o mellor para medrar fortes e saudables. Así o di Sabela, hai alguén máis sabio ou sabia que ela?





Retos saudables

 



Dende esta semana iremos propoñéndovos un reto semanal para que xuntos melloremos a nosa saúde. Alternaremos a alimentación coa actividade física.
Publicaranse tamén no Facebook do cole “Xanela de Rubiáns” onde se así o queredes, poderedes subir unha foto do reto superado. Se non tedes Facebook e queredes que a subamos nós podedes enviarnos unha foto do prato, dun sinal... segundo o caso (sen aparecer as caras dos nenos).