Reto 2: Jerusalema Challenge

      Remata a semana e con ela o primeiro reto saudable. Noraboa a todas as familias participantes. Sodes moi creativos e moi saudables. Quedou gráficamente demostrado.

ATENCIÓN NOVO RETO!!!!

      O NOVO RETO que presentamos desde a nosa xanela é un reto moi divertido co que estamos seguros que ides estar encantados.

      Nestes momentos a distancia social é unha prioridade para manternos seguros, pero os divertidos pasos desta famosísima coreografía que xa leva unhas cantas voltas ao mundo enteiro conseguiron que todos e todas nos sintamos máis unidos bailando ao seu son.

      Non pensaron os autores da música e a letra da canción, Master KG e Nomcebo, que ao compoñela estaban a crear un fenómeno mundial.

      O mesmo pasou cos creadores da coreografía, un grupo de nenos e nenas orfos do refuxio Masaka Kids Africana que empregan a música como terapia e que, sen deixar de sorrir nin un segundo, conseguiron chegar a todas as partes do mundo.

     Xa sabemos que será difícil acadar o ritmo e coordinación  que eles teñen, pero desde logo, paga a pena facer o intento, non credes??? 

     Atrevédesvos a bailar como xeito divertido de facer deporte???

                                                                #jerusalemachallenge


No hay comentarios: