O alumnado de 6° visitou as instalacións do Clube de Piragüismo As Torres Romaría Vikinga de Catoira.
Pero non se ían conformar con coñecer as mesmas. Había que probalas!
O día non estaba moi despexado, pero a mochila estaba lista, polo que... se chove, que chova!
XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA
O pasado martes 3 de maio, alumnos/as de 4º e 5º de primaria visitamos as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Participamos en diversas probas de atletismo: 60 m. lisos, 500 m. lisos, relevos, lanzamento de peso, de vórtex, salto de lonxitude...
E como colofón, puidemos conversar con un grupo de deportistas do centro, os cales nos falaron da súa traxectoria, palmarés deportivo...e insistiron da importancia de non deixar nunca de lado os estudos.
4ª ENCONTRO DEPORTIVO C.P.I. JULIA BECERRA MALVAR
Mércores 27 de abril
Hoxe foi a quenda do grupo de 6º coincidindo, por desgraza, co último encontro deportivo do curso.
Visitamos o CPI Julia Becerra Malvar de Barrantes.
Pasamos unha mañá estupenda, quedándonos con ganas de máis, tanto polo ben que o pasamos xogando como pola amabilidade do mestre Pablo e demais compañeiros/as.
3º ENCONTRO DEPORTIVO. C.E.I.P. DE CORÓN VILANOVA.
Hoxe, martes 15 de marzo o alumnado de 5º participou nos Encontros Deportivos XOGADE.
A 3ª saída do curso tivo lugar nas instalacións do CEIP de Corón (Vilanova). Alá fomos cheíños de ganas e ilusión por pasar unha xornada deportiva pero sobre todo agradable e divertida.
Coma sempre, os resultados das probas son o de menos, o máis importante son as experiencias de convivencia e compañerismo das que disfrutamos cada vez que realizamos unha destas saídas.
2º ENCONTRO DEPORTIVO. C.P.R. SAN FRANCISCO DE VILAGARCÍA.
Este mércores, 24 de febreiro tocoulle ao alumnado de 6º a saída aos Encontros Deportivos XOGADE.
O encontro co CPR San Francisco celebrouse no Pavillón de FEXDEGA.
Como de costume unha xornada positiva chea de deportividade, compañerismo, deporte e sobre todo risas.
Xa tarda o seguinte!!
1º ENCONTRO DEPORTIVO. COLEXIO SAGRADA FAMILIA DE VILAGARCÍA.
Este ano a primeira saída foi ao recinto feiral de Fexdega,
para desfrutar dos encontros deportivos co
Colexio Sagrada Familia de Vilagarcía. Acudimos coa clase de 5º de
primaria.
Xogamos ao baloncesto, balonmán, fútbol sala, bádminton,
xadrez e ata ao brilé. Perdemos, gañamos e ata algún empate houbo, pero esto
queda nun segundo plano.
Sen dúbida o mellor foi o ben que o pasamos xunto cos
compañeiros/as do Colexio Sagrada Familia.
Con gañas xa da seguinte saída!
CARREIRA CAMPO A TRAVÉS. PORTAS.
O xoves 26 de novembro participamos grazas ao
programa Xogade, promocionado e
financiado pola Secretaría Xeral para o Deporte, na Carreira Campo a Través en
Portas.
Puidemos desfrutar dunha extraordinaria mañá practicando
deporte, e ata varios compañeiros/as, conseguiron clasificarse para a fase
provincial. Un deles con medalla incluída, ao quedar 1º na súa categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario