DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA.
Consiste nunha xornada, que se celebra cada 6 de abril, na que se convida á poboación a realizar exercicio de forma diaria co propósito de mellorar a calidade de vida.
Na actual edición elixiuse o lema Neno activo, adulto saudable para transmitir o papel substancial que posúe o exercicio desde as etapas iniciais da vida e como repercuten as accións e os hábitos no longo prazo.
Aínda que de momento se trata dun estudo incompleto, a OMS indica que a prevalencia do sobrepeso en nenos menores de cinco anos pasou do 4,8 ao 6,1 % entre 1990 e 2014 , respectivamente; é dicir, esa porcentaxe representaba a 31 millóns de nenos hai 26 anos atrás, e converteuse en 41 millóns. O informe fai fincapé en que o sobrepeso crece a nivel mundial debido á urbanización -a falta de espazos para correr e o aumento da vida sedentaria- e á mercadotecnia de alimentos e bebidas con ingredientes pouco sans.
Está comprobado que 30 minutos diarios de exercicio achegan numerosos beneficios ao organismo e evita a manifestación de determinadas enfermidades: diabetes, obesidade, sobrepeso, osteoporose, cancro de colon e afeccións cardiovasculares, entre outras.
4 comentarios:
El dibujo esta muy loco
pues tienes razon
Hola soy Mamen, estoy alucinada con el dibujo
Hola soy Mamen, estoy alucinada con el dibujo
Publicar un comentario