PONTE AS PILAS E MÓVETE!

Este curso o noso blog adoptou unha actitude sedentaria. Agora ben, ese non foi o noso caso. Todo o contrario!
 No C.E.I.P. Rubiáns estamos ben concienciados da relación entre a condición física e a saúde polo que sen deixar de lado ningún contido propio da nosa área, puxémonos as pilas.
E con vistas a vindeiros cursos, pasamos unhas probas físicas que conforman a batería D.A.F.I.S. para valorar a nosa condición física. Agora xa contamos cuns datos de partida polo que cada ano tentaremos melloralos. As probas eran moi variadas (velocidade, resistencia, forza do tren superior e inferior...). Foron unhas xornadas moi interesantes.
A continuación amosamos un pequeno resumo dalgunhas das actividades realizadas este curso dende a área de Ed. física.
A mensaxe que queremos transmitir dende o C.E.I.P. Rubiáns é moi clara. Creo que o alumnado de 6º ten algo que dicir ao respecto:




No hay comentarios: