A TOPE CO XOGADE!

Un ano máis desenvolvemos o Programa Xogade o cal se atopa no marco do Plan Proxecta da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
Celebramos varios Encontros deportivos. Unhas veces visitábamos outros colexios (Viña Grande-Deiro, Castrelo-Cambados, Abrente e Portonovo-Portonovo) e outras recibíamolos en Rubiáns ( Portonovo e Bizocas-O Grove).
Competimos e valoramos a importancia de desfrutar do deporte por riba dos resultados, comprobamos o difícil que é arbitrar...


Que como o pasamos? Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras, non?
Tamén dentro do Xogade, tivemos en conta a opción do Móvete +, un baile co que pretendemos aumentar a actividade física diaria.



No hay comentarios: