Foi unha inauguración sinxela pero fermosa, aínda que como choveu tivemos que facela no ximnasio:
- Comezamos cun desfile no que cada clase representaba a un país (coas bandeiras que pintaran na clase)
- Logo, entregamos uns premios a tres dos nosos alumnos que resultaron gañadores no II Concurso de Debuxo Escolar Olímpico.
- E para rematar, non podía faltar a música e o baile, así que todos nos movemos ó ritmo de Danza Kuduro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario