ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Como cada ano a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía organiza escolas deportivas tanto para nenos nacidos antes do 2007, como para adultos.


As actividades infantís divídense, en función da idade, en:
  • Psicomotricidade (para os nenos nacidos no 2006 e 2007), onde se realizan xogos nos que se achegan ó coñecemento do seu propio corpo e dos outros, e as súas posibilidades motrices, así como a  desenvolver as relacións sociais.
  • Escola Multideportiva (para os nenos nacidos no 2003, 2004 e 2005), na que practican xogos encamiñados a mellorar as súas capacidades e habilidades motrices e a achegalos a diferentes deportes.
  • Escola Deportiva de Base (para nenos nacidos entre o 2002 e 1996), na que se ofertan diferentes deportes entre os que poderán escoller 1 ou 2 de eles.
A inscripción debe realizarse antes do venres 23 de setembro. Podedes acceder ó formulario de incripción dende este enlace.

No hay comentarios: