Hoxe remata o curso. Case un ano de moito traballo, de novos compañeiros e de novos alumnos. Espero que fose un curso tan bo para todos coma para min e que disfrutasedes das actividades que fixemos e dos novos deportes e xogos aprendidos.
O día de hoxe estivo cheo de moitas emocións:
* nervios, polo festival, as notas, a festa...
* ledicia, por saír todo ben, polos aprobados, porque disfrutamos...
* pena, polos compañeiros que se van:
- os alumnos: Jorge, Miriam, David, Sara, Andrés, Alex, Paula, Julio, Andrea, Cristian, Meri, Guille, Julio, Javi e Lúa.
- os profes: Ana, Mary, Paula, Crstina, Gonzalo e Julia.
Todos vós deixades unha pegada en nós que non se pode borrar. Neste ano compartimos moitas cousas: sorrisos, apertas, preocupacións, alegrías, xogos, traballo, esforzo, amizade, equipo, colaboración, ideas... e por iso e por moito máis sempre estaredes no noso corazón.
UN BICO MOI GRANDE DE TODO CORAZÓN.
Ah! E tanto os que marchades coma os que quedades non esquezades xogar, xogar e xogar... camiñar, nadar, facer deporte, explorar...
FELICES VACACIÓNS!!!
4 comentarios:
eu creo q todos eses alumnos e profes resaltando a miña profe Cristina, a de ingles Ana eo de musica Gonzalo deberian quedarse. Ainda q todos os alumnos e
profesores marcharemos pra outro cole ou pra o instituto
ivan tiene razon
sssssssssiiiiiiiii!!!!!!!!!
yo echo mucho de menos a cristina e a profe ana
Publicar un comentario