A asociación Por Dereito ten organizada unha carreira de 24 horas de duración, dende as 12 da mañá do vindeiro sábado 16 ata as 12 do domingo 17 co fin de dar a coñecer o autismo e de recadar fondos para a asociación.
Aínda que o reto dura 24 horas e o percorrido é de 5 km. podedes participar o tempo que queirades ou o que o voso corpo vos permita.
Teñen moitos agasallos a sortear entre os participantes e as persoas que merquen as rifas. Ademáis de medallas para os nenos, hai camisetas firmadas polos xogadores da selección española de fútbol, do Celta, do Depor, do Real Madrid, do Valencia, de piragüistas, cd de música, entradas para un ximnasio...
Si queredes máis información sobre a inscrición, o percorrido, os agasallos, os colaboradores... pinchade aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario