Hoxe desplazámonos a Portonovo para desputar un encontro deportivo co Colexio Abrente. De novo, o resultado foi moi positivo pois todos estaban ansiosos por xogar e amosaron un gran entusiamo dando o mellor de cada un.
Xa fóra do ámbito extrictamente deportivo, teño que destacar o impresionados que se mostraron ó ver as instalacións deportivas do colexio e a queixa xeralizada sobre o estado das nosas instalacións reivindicando unha mellora nas mesmas.
A realidade é que o tamaño do noso ximnasio e o estado no que se atopa dificulta moito o noso traballo, xa que temos que adaptarnos ás goteiras e a altura do teito (que impide, por exemplo, a práctica do bádminton).
Non podo rematar sin felicitar ós nosos adversarios que deron mostra do seu bo facer e amosaron unha gran comprensión ante os erros cometidos.
4 comentarios:
UN XIMNASIO NOVO XA! Para poder practicar deporte as instalacións teñen que ser as axeitadas!
Estou de acordo.O noso ximnasio é moi pequeno comparado co do colexo Abrente.Aínda así, seica xogamos moi ben!
Claro que sí, seguro que o fixéchedes moi ben. A ver si alguén le as vosas queixas e vos fan caso!
Tes moooooita razon.
Publicar un comentario