ENCONTRO DEPORTIVO CO COLEXIO ABRENTE

Hoxe desplazámonos a Portonovo para desputar un encontro deportivo co Colexio Abrente. De novo, o resultado foi moi positivo pois todos estaban ansiosos por xogar e amosaron un gran entusiamo dando o mellor de cada un.

Xa fóra do ámbito extrictamente deportivo, teño que destacar o impresionados que se mostraron ó ver as instalacións deportivas do colexio e a queixa xeralizada sobre o estado das nosas instalacións reivindicando unha mellora nas mesmas.  

A realidade é que o tamaño do noso ximnasio e o estado no que se atopa dificulta moito o noso traballo, xa que temos que adaptarnos ás goteiras e a altura do teito (que impide, por exemplo, a práctica do bádminton).

Non podo rematar sin felicitar ós nosos adversarios que deron mostra do seu bo facer e amosaron unha gran comprensión ante os erros cometidos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

UN XIMNASIO NOVO XA! Para poder practicar deporte as instalacións teñen que ser as axeitadas!

Andrea Petisco 5º dijo...

Estou de acordo.O noso ximnasio é moi pequeno comparado co do colexo Abrente.Aínda así, seica xogamos moi ben!

Anónimo dijo...

Claro que sí, seguro que o fixéchedes moi ben. A ver si alguén le as vosas queixas e vos fan caso!

Andrea Petisco 5º dijo...

Tes moooooita razon.