No segundo trimestre, foron moitos os nenos e nenas que se animaron a traer froita para disfrutar dunha alimentación saudable nos recreos. Algúns deles, @s máis "froiteir@s", obtiveron un pequeno agasallo. No mes de xaneiro gañaron un imán con forma de piña, no mes de febreiro un marcapáxinas e os gañadores e gañadoras do trimestre, puideron disfrutar dun partido de fútbol feminino que se celebrou no Estadio Municipal A Lomba (Vilagarcía) o martes 9 de abril.
Para o terceiro trimestre... A comer froita cada día para correr e saltar con alegría!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario