Os partidos de fútbol, baloncesto e balonmán, que habitualmente facemos, deixaron espazo
ao Xogo das Tartarugas, As Bolas Saltarinas, O Cataventos, Pai-Fillo-Nai, O xogo das Raias, Os zancos, O xogo do Aro, O Xogo do Parrulo.... todos eles xogos populares e tradicionais galegos que tivemos a posibilidade de coñecer e practicar no patio ao longo desta semana.
Aproveitamos para agradecer enormemente o préstamo dos xogos ao Concello de O Grove,
xa que sen un material tan xenial esta experiencia non sería posible.
Moitas grazas!
1 comentario:
estes xogos foron moy divertidos amin o que meis me gustou foi uno de gallinas
Publicar un comentario