Concurso "Máis Froita" do 1º trimestre


Como sabedes o noso cole pretende fomentar os hábitos saudables, entre eles tamén unha alimentación saudable. Por iso, fixemos no 1º trimestre, o primeiro concurso "Máis Froita" deste curso 2017/2018. O mércores 20 de decembro, fixemos entrega dos premios, que consistían nunha clase de proba en HIPICA ARES. Moitas grazas á xente de HIPICA ARES pola súa colaboración neste primeiro concurso e parabéns aos gañadores.
Lembrade que xa comezou o concurso do 2º trimestre, así que ánimo e non vos esquezades de traer froita para tomar nos recreos.


No hay comentarios: