O venres celebramos a tradicional festa do Magosto!
Que ricas estaban as castañas que Julio nos asou co seu novo trebello! Graciñas Julio!
Despois pasámolo en grande coas "Ondas de Xogos". Divertidos xogos ambientados no mar, no Mar de Sabela claro está.
Os maiores do cole fixeron de perfectos capitáns e guiáronnos aos demais nos diferentes xogos. O marisqueo, a pesca con cana e con redes, a pesca de "arrastre" e as nasas non faltaron neste día festivo, achegándonos a estes aparellos que imos coñecer. En fin, que entre castaña e castaña convertémonos por un rato en autenticos "lobos de mar"
No hay comentarios:
Publicar un comentario