Como cada fin de curso, o cole de Rubiáns é un "non parar". Que si música, que si deporte.... en definitiva, un montón de actividades coas que pretendemos contribuír a formación integral do noso alumnado.
Hoxe, o protagonista indiscutible foi o Deporte, que xunto cunha alimentación saudable forma parte fundamental da nosa formación e preparación para a vida.
Comezamos cunha disciplina procedente do Brasil que hoxe en día está extendida por todo o mundo: a Capoeira!
Da man de Ginga Gicap aprendemos un montón dos seus orixes, da música que a acompaña e iniciámonos nos pasos máis básicos.
Pasamos un rato moi divertido. Moitas grazas pola vosa visita!
Despois foi o turno para o Datchball, ese novo deporte (similar ao brilé) que tanto nos gusta e que estivemos practicando nos últimos recreos.
Disputouse unha final a 3, na que o equipo "6º forever" proclamouse campión despois dun partido reñidísimo co equipo de 5º "Os leóns". Cabe destacar o gran partido que realizaron os de 3º " Os asasinos briladores", que case deixan sen opcións ao equipo vencedor do campionato.
E por último chegaron os premios!! Si, porque PARTICIPAR neste cole ten premio. Sorteáronse medallas, un balón de baloncesto asinado polos xogadores e adestrador do Obradoiro e un balón de fútbol asinado por Juande Ramos, entre os participantes das merendas saudables e os recreos activos. Que sorte tiveron os que gañaron!!
2 comentarios:
A festa do deporte foí moí divertida
Que divertido fue hacer catoira
Publicar un comentario