Este xoves foi un día moi especial no noso cole, pois tamén viñeron cans. Si, cans!
Grazas ao club Kennel DEN de Catoira coñecemos unhas novas modalidades deportivas totalmente descoñecidas para todos nós e que teñen que ver moito co noso proxecto deste curso. Descubrimos o canicross e as diferentes modalidades que existen de "correr con cans": Bikejoring (con bicicleta) Mushing (con carros ou trineos) Patín ou Scooter, que se fan sempre en plena natureza.
Nunha charla explicáronnos todo isto, xunto con outras cousas moi interesantes: como darlle ordes, os materiais que empregan, os coidados que debemos ter cos cans antes, durante e despois da carreira... Pero o que máis nos gustou, sen dúbida, foi a parte práctica.
Algúns tiveron a sorte de poder correr cos cans e todos puidemos acariñalos e pasar un momento moi entrañable con eles.
Dende o cole queremos agradecer ao Clube Kennel DEN a súa visita. A patires de agora estaremos pendentes de todos os éxitos que seguirán sumando aos moitos que xa teñen, e de seguro van ser moitos, pois entre os seus membros contan con campións de España e boas posicións nos campionatos europeos. GRACIÑAS!
5 comentarios:
que divertido foi...os cans eran unha cucada...
foi moi divertido e os cans eran adorables .
Que bonito foi todo, e os cans eran todos moi rapidos e como non moi bonitos
Que divertido foi os cans eran muy amables el que más me gustaba era el de manchas si lo tuviera lo llamaría manchitas
Es verdad rocío yo también lo yamaria manchitas y también lo sacaría a hacer canicros y le daba moitos pero moitos mimos no quería solo un perro quereria todos os perros son muy adorables
Publicar un comentario