XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA

O pasado martes 3 de maio, alumnos/as de 4º e 5º de primaria visitamos as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Participamos en diversas probas de atletismo: 60 m. lisos, 500 m. lisos, relevos, lanzamento de peso, de vórtex, salto de lonxitude...
E como colofón, puidemos conversar con un grupo de deportistas do centro, os cales nos falaron da súa traxectoria, palmarés deportivo...e insistiron da importancia de non deixar nunca de lado os estudos.


No hay comentarios: