Ao longo do curso tamén botamos man do amplo repertorio de Xogos Populares cos que contamos na nosa terra.
No Magosto despois das castañas de rigor, pasamos un bo rato xogando ao pano, ao tiro á corda, carreiras de sacos,etc. Logo co gallo do festexo das Letras Galegas, e aproveitando o Baúl de xogos Populares que a Secretaría Xeral do Deporte vai rotando polos centros da nosa Comunidade, tamén desfrutamos dunha Xornada de Xogos Populares. Grazas ao mencionado baúl, puidemos coñecer e desfrutar entre outros xogos, dos 3 tipos de Chaves que hai en galicia ( a da zona de Santiago, a de Ourense e Ferrol). E por se esto fóra pouco, durante o curso leváronse a cabo dous campeonatos de petanca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario