O
CEIP de Rubiáns súmase a celebración do Día Mundial da Actividade
Física, o vindeiro 6 de abril de 2013, baixo o lema “Actividade
Física sen Barreiras”, da que é coñecedor grazas á nosa participación en diversas actividades dentro do Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia.
Segundo nos informan dende este ente, o
Día Mundial de Actividade Física empezouse a celebrar o 6 de abril de
2002 en Sao Paulo (Brasil) grazas ao impulso de “Agita Mundo” (rede
mundial para a promoción da actividade física). Agita Mundo é unha
organización independente á que a Organización Mundial da Saúde (OMS) da
todo o seu apoio e cualifícaa como esencial na loita contra o
sedentarismo.
Celebremos este día facendo algún tipo de actividade física, ben sexa algún deporte, camiñar, bailar!!!
Na foto obsérvase un momento da visita de Dani Barreiro o curso pasado, na que nos achegamos ó goalball.
No hay comentarios:
Publicar un comentario