ENCONTRO CO CEIP SAN ROQUE DE CORÓN

O día de hoxe foi moi intenso e no que aprendimos moito, pois visitamos o CEIP de San Roque, en Vilanova, para xogar co alumnado do 3º ciclo.

Os resultados foron para todos os gustos. Perdemos en balonmán con moita diferencia no xogo, pero logo plantámoslles cara no baloncesto, aínda que tamén perdemos. En bádminton iamos gañando e cando xa pensamos que o partido era noso cambiaron as tornas e finalmente gañaron eles.

Despois chegou o momento de xogar ó voleibol, no que sí se demostrou unha maior calidade do xogo pola nosa parte e gañamos. Ó mesmo tempo xogabanse 2 partidas simultáneas de xadrez gañando nun ha dela e perdendo noutra.

Rematamos a xornada co partido de fútbol sala no que fixemos un moi bo xogo adiantándonos nun primeiro momento pero rematando con empate.

7 comentarios:

Andrea 6º dijo...

Eu cando entramos no pabellón estaba nerviosísima, pero logo, cando empezamos co partido de balonmán xa non. Estou deseando volver a ir a putro cole. Paseino xenial, aínda que perdimos os dous partidos nos que xoguei.

Andrea 6º # dijo...

AVISO
Cando no comentario anterior puxen "putro" quería dicir "outro"

patricia 5º dijo...

Eu tamen o pasei ben pero os nenos e nenas eran moi malos.

Andrea 6º dijo...

Eu no partido de balonmán case meto 2 goles, pero non entrou ningún polos pelos.
No partido de baloncesto era moi difícil encestar porque os nenos/as do outro colexo eran moi altos. Ademais, cando pasaba a pelota viñan os altísimos do outro cole polo medio e collían a pelota. A ver se na próxima gañamos...

Ivan 6º dijo...

Pofre, vanmos a xogar contra esos nenos pero no noso cole?

elena 6º dijo...

eso vamos xogar mais veces?
eu o pasei xenial pero nos nenos do outro cole alguns non me caeron ben

Profe EF dijo...

Xogaremos de novo, pero aínda non sabemos onde nin cando.