O bo tempo acompañounos na celebración do Campionato Provincial de Campo a Través e podo asegurarvos que a pesar dos nervios e do cansanzo o resultado foi positivo, pois todas as participantes do cole conseguiron facer todo o percorrido, agás Blanca que caeu ó principio da carreira.
Tras percorrer unha distancia de 700 m. as benxaminas remataron Noa de 53, Iara de 54, Lucía de 57 e Micaela de 63.
Na categoría Alevín, Alba percorreu 1.700 m. cun gran esforzo que lle permitiu colocarse na 46ª posición.
Xa na categoría Infantil, Laura quedou no posto 29, xa que os nervios lle xogaron unha mala pasada.
É importante recordar que nesta etapa competían tamén cos clubes de atletismo, coa dificultade que eso entraña, pois a súa preparación técnica e física é precisamente para eso, para competicións de atletismo. O noso obxectivo é diferente: queremos xogar, facer moitos deportes, coñecer nenos novos, esforzarnos, dar o mellor de nós mesmos, superarnos... toda unha serie de valores engadidos que non podemos comparar.
Por iso, teñen todavía máis mérito os deportistas que representan ós colexios.
Quero apoveitar tamén a ocasión de felicitar ós meus antigos alumnos do CEIP Xulio Camba, que conseguiron quedar no 3º posto por equipos na categoría Benxamín. Parabéns!
6 comentarios:
Profe, eu conozo a tres nenas que van ao colexio Xulio Camba. Son Belén, Ailén e Aitana. Coñéceas?
Noraboa a todas!!!!!
Grazas a todas bico moitos bicos!
Grazas Andrea, aínda que a min custoume. Queríame parar no medio e medio...
Aitana Do Xulio Camba correu con Laura.
Noraboa a todas as nenas (por que non abia nenos)
Publicar un comentario