Pois sí, rapaces. Xa chegou o momento e o vindeiro día 28 teremos o primeiro encontro deportivo con outros centros. Nesta ocasión será o Colexio San Francisco (franciscanas), o que virá ó noso centro para xogar cos nenos de 3º e 4º.
Despois, o xoves 1 de marzo será o alumnado de 5º e 6º o que visitará o CEIP de San Roque - Corón.
Estas actividades, igual que o Campionato de Campo a Través, están incluidas no programa Xogade de promoción do deporte en idade escolar.
Nestes encontros achegarémonos a distintos deportes coma bádminton, balonmán, baloncesto, voleibol, xadrez e o fútbol sala. E como non podía ser doutro xeito prevalecerá sobre todo o xogo en equipo, o xogo limpo, o respecto polos compañeiros, os adversarios, os árbitros e as normas.
5 comentarios:
¡¡¡¡¡¡¡QUE GUAI!!!!!!!!!
Profe, estou contentísima!!
Estou deseando que chegue o 1 de marzo!!!!
Eu tb. Pero..¿donde é Corón?...
Corón está nun pobo moi cercano ó noso.
Si entras en Google e pinchas onde pon maps poderás escribir Corón e averiguar onde está.
Eu conozcoa dúas nenas das franciscanas que veñen a xogar o martes 28 contra 3º e 4º.
Que ilusión profe xa queda pouquiño (un día)
Publicar un comentario