Hoxe realizamos as carreiras "longas" e pasámolo moi ben.
O alumnado de 1º e 2º correu ó redor dos campos de balonmán e baloncesto con moitas ganas e ilusión.
En 3º e 4º fixeron un percorrido máis longo, pois estes alumnos tiveron que rodear as dúas pistas. Disfrutaron tamén moito na súa carreira.
A participación de 5º e 6º foi menor, pois decidiron acudir á biblioteca, que abría hoxe as súas portas. A distancia foi un pouquiño maior, xa que tiveron que rodear tamén o ximnasio, pero os corredores amosaron a súa ilusión e cun pouco de esforzo chegaron á meta ante as miradas e os aplausos dos pequenos.
Mañá será o turno dos saltos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario