Xa temos 2175 visitas! Hai uns meses comezaba a andadura deste blog con dificultade e inseguridade. Hoxe, despois de moito probar, indagar, poñer, borrar sen querelo... vai mellorando pouco a pouco, aínda que son consciente de que queda moito por facer.
O sentido deste blog, coma en todos, é que sirva de comunicación e poña en contacto a diferentes persoas. Este curso estamos tendo máis visitas pero bótanse de menos os comentarios, así que vos animo a participar facendo preguntas, suxerencias, queixas... Podedes facelo en cada entrada ou na pestana "comentarios", ben de forma anónima ou firmándoa, sempre será benvida.
@
Grazas pola vosa comprensión e participación.
24 comentarios:
Profe...
¿Cando vamos a ir a un encontro deportivo con outro cole, ademais da carreira de campo a través?
A carreira de campo a través será, seguramente, en xaneiro e os encontros deportivos serán entre xaneiro e abril, pero aínda non sei que días nin con que centros xogaremos.
Ademáis, e en primicia para os internautas, direiche que haberá algo máis... Que será, será?
Oxala sea algo relacionado co ciclismo. Porque eu incluso esto correndo nun equipo
Non, non, non...
Danos unha pista, que aínda non sabemos nada desta sorpresa, soamente que que non é de ciclismo.
É de tenis? E de baloncesto?
Ah, profe! Outra cousa, acórdaste do ratón que fixemos no samaín?Dixeches que o poñerías no blog. Puxéchelo?
Se é así, gustaríame que me dixeras en que pestana do blog está.
Grazas,
*Andrea* :)
Non, non, non...
Alguén viráááá...
O do rato todavía está pendente. Perdoade a tardanza.
É alguén coñecido?
si non das ningunha pista e imposible adiviñalo. E para Andrea e a profe EF q se fagan unha conta en messenger e q falen por haí
A profe dixo que podiamos falar do que quixéramos na pestana de comentarios, ademais, eu non teño messenger.
¡FELIZ NAVIDAD!
¡FELIZ 2012!
igualmente
O convidado practica tihatlón
Como o sabes?
Olvidouseme escribir o ? (signo de interrogación)
Ah, vale. Xa pensei que a profe cho dixera a ti a escondidas.
Entonces, practica triathlón ou non, profe?
Ten relacion co mundo do futbol?
Dinos q practica, PROFEEEEE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!????????????????
Profe, xa casi hai 2.500 visitas no blog.
Canto tempo tardaremos en chegar? Eu penso que o faremos neste mes pero, que día credes que será...?
Profe se seguimos entrando moito podemos chegar esaxerando un pouqo 5000 visitas incluso ao millon.
A visitarnos todos animo.........
Jajajaj! Demasiado exagerado Patri!!!
Foi todo grazas a nós, e se queremos 5.0000....Pois teremos que estar día e noite no ordenador!!jijiij!!:P
Publicar un comentario