Saúdos de Santi Ferrer

Santi Ferrer tampouco se esqueceu de vós e mándavos un saúdo para todos vós. Alégrase moito de que non o eswquezarades e me preguntedes por el.

Participou no campionato de España de Decathlon por Federacións autonómicas, que se celebrou en Arona (Tenerife)representando a Galicia, e rematou en cuarta posición. Un resultado boísimo, sobre todo tendo en conta que estaban os mellores de España.

Si queredes velo na televisión podedes facelo no programa Citius Altus Fortius que emite a TVG os fins de semana. Aparece na súa cabeceira e nalgúns destes progarmas.



O fin de semana da vindeira semana é probable que volva aparecer. Si queredes velo no salto de pértiga nunha edición anterior podedes facelo aquí.

O programa é moi interesante porque informa dos resultados das distintas competicións pero mellor ca eso é que podedes ver como se realizan as diferentes probas.

No hay comentarios: