Como cada ano por estas datas a Concellería de Deportes do Concello de Vilagarcía organiza as actividades de verán e para que coñezamos as que teñen programadas para os nenos veu unha das monitoras para explicarnos cales van ser esas actividades. Por unha banda, vaise levar a cabo a escola multideportiva na praia Compostela durante as mañás e, por outra banda, a escola de patinaxe no pavillón da Rúa Castelao.
Para asistir hai que cubrir o formulario que levaron á casa e entregalo no Concello de Vilagarcía antes do día 24 de xuño. Si necesitan un poden descargalo dende aquí, ou recollelo no colexio ou no Concello.
Animádevos! Pasarédelo moi ben e seguro que facedes novos amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario