Hoxe, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas, un día moi importante na nosa terra no que homenaxeamos a un autor de relevancia e lembramos a importancia de conservar a nosa lingua, o noso folclore... en definitiva a nosa cultura.
Pero hoxe non podemos esquecer outra data moi importante, a que conmemora o medio que nos permite comunicarnos con outros ordenadores de calquer parte do mundo. É o Día Internacional de Internet.
Internet é unha fiestra que nos abre ó mundo un sin fin de posibilidades: comunicarnos a través de chats ou correos electrónicos, buscar informacíón, consultar a prensa, visitar lugares ou museos virtualmente, mercar, xogar, escoitar música, ler, consultar servicios públicos, acceder a bases de datos, telefonía IP...
E claro, hai tanta información, tantos arquivos na rede que ás veces poñémonos a buscar e buscar ata que atopamos o que realmente nos interesa. Aquí atoparedes algúns TRUCOS que nos ofrece google para mellorar a búsqueda.
AH! e non esquezades navegar seguro: NON LLE DEADES DATOS PERSOAIS A NINGUÉN A TRAVÉS DE INTERNET AÍNDA QUE VOS PAREZA UNHA BOA PERSOA. CONSULTÁDEO COS VOSOS PAIS OU MESTRES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario