A LOE pretende formar persoas competentes para a vida tanto a nivel persoal, como social e laboral. Para conseguilo establece 8 competencias básicas:
1. Competencia en comunicación lingüística.
2. Competencia matemática.
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
4. Tratamento da información e competencia dixital.
5. Competencia social e cidadá.
6. Competencia cultural e artística.
7. Competencia para aprender a aprender.
8. Autonomía e iniciativa persoal.
Posto que toda-las áreas deben contribuír ó desenvolvemento de todas elas, dende a área de EF plantéxanse diferentes actividades ó longo do curso para a súa consecución.
Unha das actividades programadas é unha redacción sobre algún tema relacionado coa materia. Nesta ocasión, e coincidindo co concurso IV Concurso de fotografía e relato curto "Deportistas con moito valor" sobre o tema VALORES NO DEPORTE. A proposta é facer un relato curto contando unha historia vivida que reflicta algún valor no contexto dun partido, unha competición deportiva, un adestramento… (respeto, tolerancia, esforzó, traballo en equipo, xogo limpo…). Este traballo formará parte da nota da área e, ó mesmo tempo permítenos participar, neste concurso organizado por FEDYS (Fundación Educación Deporte y Salud).
Tamén existe a posibilidade de participar no concurso presentando unha fotografía.
Os premios para o gañador de cada categoría é material deportivo é material deportivo, así que podedes animarvos para presentarvos nas dúas categorías.
Ademáis para o centro que máis fomente a participación haberá un premio especial da Secretaría Xeral para o Deporte de material deportivo por valor de 1.000 €.
Para participar no concurso é preciso que ademáis do traballo entreguen unha autorización.
Poderán participar no concurso todo-los nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos deberán presentar unha fotografía ou relato curto sobre algúnha historia que reflicta a deportividade e os valores na actividade deportiva: nun partido, unha competición, un adestramento...
Poden le-las bases do concurso na web de FEDYS, fundación que nos ofreceu a charla con Santi Ferrer Alonso a través do programa “Somos Activos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario