Por fin chegou o día! Hoxe veunos visitar Santi Ferrer e nos contou moitas cousas interesantes sobre o decathlon, o entrenamento que segue, a súa alimentación... A verdade é que foi unha presentación moi boa e a todos lles gustou moito.
Antes, unha especialista de fundación FEDYS recordáranos a importancia de prácticar exercicio e de levar unha alimentación sana. Tamén nos ofreceu uns bos consellos para levalo a cabo. Aprendemos moitas cousas.
A visita estivo enmarcada dentro do programa Somos Activos que leva a cabo esta fundación co patrocinio de Larsa. Para seguir traballando entregáronlle a cada neno un calendario semanal no que planificar a actividade diaria e o menú semanal.
O colofón final desta visita foi a entrega dunha camiseta a cada neno a modo de recordo. Despois sacamos unha foto de grupo coas representantes da fundación e Santi Ferrer e firmou as camisetas.
Moitas grazas pola charla! Foi fantástica.
12 comentarios:
A UNHA NENA PARÉCELLE GUAPO!!!
A LETICIA GUSTOULLE MOITO A CHARLA
SANTI FERRER E NERE DIXO UNHA COUSA MOI GRACIOSA
SANTI FERRER VIÑO A DARNOS UNHA VISITA E NERE DIXO UNHA COUSA MOI GRACIOSA
O último anónimo era Leti.
Pero...
¿Porque falades tanto de Nere?¿Que dixo?
falan tanto de nere porque destaca moito nas charlas.
digo eu.
Pero non sei o que dixo, pero estou segura de que foi moi gracioso porque senón non o escribirian no blog.
eu tampoco o sei.
Estamosche ben!Primeiro que si Nere dixo unha cousa moi graciosa, despois que nadie o sabe...
Xa lle preguntarei a Nere que dixo.
´Non dixo nada gracioso,o inventou Leti.Fixeron unha pelea por ordenador!
Leti foi boa a pelea pero esa trola.
Publicar un comentario