Á volta das vacacións de Semana Santa comezaremos a preparar a nosa participación no IV Concurso de fotografía e relato curto "Deportistas con moito valor" sobre o tema VALORES NO DEPORTE.
Todo-los nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos deberán presentar unha fotografía ou relato curto sobre algúnha historia que reflicta a deportividade e os valores na actividade deportiva: nun partido, unha competición, un adestramento...
O premio que vos ofrecen tanto ó gañador da categoría de fotografía como de relato é material deportivo, así que podedes animarvos para presentarvos nas dúas categorías.
XA SABEDES... IDE PENSANDO QUÉ FOTOGRAFÍAS PODEN REFLECTIR O QUE QUEREDES E O TEMA A TRATAR NO RELATO: RESPETO, TOLERANCIA, TRABALLO EN EQUIPO, ESFORZO...
No hay comentarios:
Publicar un comentario