Como xa sabedes hai uns días enviamos unha carta a diferentes embaixadas solicitando prensa e información do seu país con motivo da Semana da Prensa. Pois xa comezamos a recibir as respostas: Croacia, Grecia, Finlandia, Suecia... e os que aínda esperamos.
Dende a área de Educación Física agradecemos á Embaixada de Suecia en Madrid a información enviada e seguimos esperando ansiosos a de Sudáfrica. En canto teñamos o material revisado irémosvos contando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario