RESULTADO DA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL
Hoxe foi un día moi emocionante. Laura estaba clasificada para participar nesta carreira polo que alá fomos con moita ilusión, moito ánimo e, sobre todo, moitos nervios.
O nivel que nos atopamos ó chegar alí foi moi alto. A maioría dos participantes pertencían a clubes de atletismo, polo que partían cunha clara ventaxa, xa que a súa condición física é moi boa, están entreados e tamén están acostumados a participar en carreiras. Dito o cal, compre engadir que todos estes factores non fan que lles quite mérito algún ó resultado obtido, senon que é froito dun traballo constante e o esforzo realizado.
En canto a Laura hai que dicir que acadou un resultado moi bo. Foi quen de cubrir a distancia de 1.200m. correspondente á categoría Alevín Feminino e rematar no posto 48 de entre 84 participantes. Fixo unha boa carreira na que deu todo o que tiña, realizando un gran esforzo, manténdose sempre na metade do grupo, sen descolgarse moito e sen rendirse en ningún momento chegando, incluso a facer un sprint final e adiantar a algunha contrincante. Parabéns Laura!,
Só me queda felicitar a tódolos participantes polo esforzo realizado e animarvos a todos a seguir facendo deporte.
2 comentarios:
!!!!!!!!CAMPEONA¡¡¡¡¡¡¡¡¡
ESE LAURA
¡Que bo saber que na nosa cidade temos este nivel! Noraboa Laura!
Publicar un comentario