O pasado venres 11 de novembro celebramos o Magosto no CEIP Plurilingüe de Rubiáns con castañas, foliada e xogos populares. Moita festa e moita diversión, acompañadas de grandes doses de camaradería entre o alumnado das diferentes idades.
Con motivo da celebración da Semana do Deporte, dende o cole de Rubiáns nos organizamos como un grupo de marchadores afeccionados e desfrutamos dunha andaina pola Senda Verde nunha soleada, divertida e interesante mañá. Velaí as probas :)
O Día sen coches á unha data moi importante para concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta. Este ano unímonos á Festa da bicicleta organizada por La Voz de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa dentro das actividades da Semana da Mobilidade.
Na mañá do venres o alumnado de 5º e 6º, acompañado de mestres e membros do clube BTT Trotacumes, desprazámonos en bicicleta ata o Auditorio Municipal, onde nos unimos a rapaces e rapazas de todos os centros educativos de Vilagarcía para gozar da música da Duendeneta e cruzar os dedos para que nos tocase algún agasallo no sorteo. Mirade, mirade..
Que ben o pasamos! Estamos desexando repetir!
Moitísimas grazas a Trotacumes por toda a axuda durante o traslado e a custodia de bicis.
Por fin puidemos saír do cole despois de tanto tempo! E nada menos que para facer deporte. Retomamos as actividades do programa XOGADE e hoxe fomos á carreira de campo a través, que nesta ocasión foi en Catoira.
Como non nos podemos mesturar con outros colexios nin clases tivemos que correr por clases; con todo, pasámolo xenial! Oxalá poidamos facer máis excursións.
Como nos gusta a festa! Un ano máis celebramos o Magosto no día de San Martiño, pero desta volta cunha novidade. Veu un castañeiro co seu tren para asar as castañas. En grupos, separados por aulas, puidemos saborear este manxar tan importante para a nosa terra.
Despois de encher ben o bandullo, xogamos a moitos xogos tradicionais, aínda que tamén tivemos que facelo en zonas diferenciadas. Non faltaron a buxaina, o pano, a comba ou as chapas... foi unha xornada na que todos o pasamos moi ben cos xogos de antes que, como di o noso lema deste ano, tamén son para nenos de agora. E non faltou a música, desta volta a ritmo de rap. Que divertido foi!
A choiva non nos permitiu celebrar as actividades que tiñamos preparadas para conmemorar a Semana Europea do Deporte, así que tivemos que pospoñelas para o primeiro venres que saíu o sol.
Recreamos varios xogos basados en cadros, por exemplo:
- A pita cega de Goya.
- O discóbolo de Mirón.
- Rapaces xogando ao trompo de José del Castillo
- Saltando á comba de Sorolla.
- A danza de Castelao.
- Nenos xogando ás chapas de Ángel Olarte Arraiz
Así que ademais de divertirnos moito facendo exercicio tamén aprendemos sobre arte.
Mañá comezamos o mes de maio, así que aproveitando que xa temos unha gran variedade de froitas á nosa disposición, que vos parece si facemos un reto de zumes, granizados e smoothies??
Deixamos a continuación unha serie de enlaces a diferentes receitas que vos poden servir de guía, pero podedes aportar as vosas creacións. Agardamos que vos guste este reto e que nos deleitedes unha vez máis coas vosas imaxes.
Xa
estamos de volta coas baterías cargadas para afrontar a derradeira
etapa deste curso escolar. O primeiro reto deste trimestre volve a estar
relacionado coa alimentación saudable.
Nesta ocasión propoñémosvos
elaborar diferentes pratos ou cociñar de distinto xeito as legumes:
lentellas, alubias, chícharos, garabanzos,... Estes alimentos non só se
poden comer en pratos de culler senón que se poden empregar en
diferentes opcións: ensaladas, hummus, croquetas, hamburguesas.... Nos
enlaces que vos achegamos podedes ver diferentes receitas que vos
servirán de axuda.
O reto desta semana vai de camiñar. Anímaste a unirte ao noso clube?
Aproveita os espazos marabillosos que ofrece a nosa comarca, fai algunha ruta e trata de chegar aos 10.000 pasos. Parécenvos poucos? Non hai límite! Está nos vosos pés, a gastar zapatillas!!
Lanzamos o seguinte reto. Nesta ocasión volvemos a retomar o tema ALIMENTACIÓN e propoñémosvos a seguinte actividade.
O Prato Nutritivo é unha guía
visual para axudar a educar e motivar a nenos e nenas a comer ben.
Dunha ollada, a imaxe representa exemplos das mellores opcións para
comidas, merendas, ceas e aperitivos saudables e resalta a importancia
da actividade física como parte da fórmula para manterse san.
Consiste en dividir o prato
do seguinte xeito: O 50% do prato ten que estar composto de verduras e
hortalizas; un 25% de carnes ou peixes, ovos ou legumes; e por último
outro 25% de cereais integrais ou tubérculos.
Do que se trata é de elaborar
menús moi equilibrados con cantidades proporcionais dos diferentes
nutrintes que deben compoñer a nosa alimentación diaria: carbohidratos,
proteínas, graxas saudables e vitaminas.
Queredes volver a retomar o
"Mandil de Chef" e deleitarnos coa vosa creatividade na composición de
pratos "deliciosamente saudables"??
Chega unha nova fin de semana e con ela un novo RETO. Antes de nada temos que agradecer a participación de todos vós no reto do baile. Está claro que temos un montón de artistas no cole e non o sabiamos. Felicidades a todos.
Agora "ao lío". Nesta ocasión volvemos a meternos entre fogóns e toca cociñar e preparar pratos vexetais.
Animádesvos a compartir con nós o prato vexetal que triunfa nos vosos fogares?? Ensaladas, cremas, parrilladas de verduras, verduras cocidas, papillotes... etc. Todas as opcións son válidas.
Remata a semana e con ela o primeiro reto saudable. Noraboa a todas as familias participantes. Sodes moi creativos e moi saudables. Quedou gráficamente demostrado.
ATENCIÓN NOVO RETO!!!!
O NOVO RETO que presentamos desde a nosa xanela é un reto moi divertido co que estamos seguros que ides estar encantados.
Nestes momentos a distancia social é unha prioridade para manternos seguros, pero os divertidos pasos desta famosísima coreografía que xa leva unhas cantas voltas ao mundo enteiro conseguiron que todos e todas nos sintamos máis unidos bailando ao seu son.
Non pensaron os autores da música e a letra da canción, Master KG e Nomcebo, que ao compoñela estaban a crear un fenómeno mundial.
O mesmo pasou cos creadores da coreografía, un grupo de nenos e nenas orfos do refuxio Masaka Kids Africana que empregan a música como terapia e que, sen deixar de sorrir nin un segundo, conseguiron chegar a todas as partes do mundo.
Xa sabemos que será difícil acadar o ritmo e coordinación que eles teñen, pero desde logo, paga a pena facer o intento, non credes???
Atrevédesvos a bailar como xeito divertido de facer deporte???
Este primeiro reto que vos propoñemos deberá conseguirse ata o venres 29.
Convidámosvos a que preparedes e tomedes un almorzo saudable: e para iso propoñémosvos a seguinte táboa como guía. Podedes engadir o que vos pareza sempre e cando entre na categoría de alimento saudable.
Sede creativos, seguro que está boísimo e amosádenos as cousas tan ricas que preparades!
Recordade!!!! Unha boa alimentación en xeral é o mellor para medrar fortes e saudables. Así o di Sabela, hai alguén máis sabio ou sabia que ela?
Dende esta semana iremos propoñéndovos un reto semanal para que xuntos melloremos a nosa saúde. Alternaremos a alimentación coa actividade física.
Publicaranse tamén no Facebook do cole “Xanela de Rubiáns” onde se así o queredes, poderedes subir unha foto do reto superado. Se non tedes Facebook e queredes que a subamos nós podedes enviarnos unha foto do prato, dun sinal... segundo o caso (sen aparecer as caras dos nenos).
Como cada ano, participamos na xornada de Campo a través que se celebra na Azucareira de Portas a través do programa XOGADE promocionado e financiado pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Puidemos desfrutar dunha extraordinaria mañá practicando deporte. O esforzo de varios compañeiros e compañeiras viuse recompensado coa clasificación para a fase provincia. Parabéns!!
Esta semán foi moi intensa no cole, pero iso non é novidade non si? Sempre facemos un montón de cousas pero nesta ocasión xuntaronse dúas conmemoracións. Como en Rubiáns somos moi activos non quixemos perder ningunha delas (incluso tivemos algunha actividade máis) así que celebramos a Semana Europea do Deporte Escolar e tamén a Semana polo Clima.
O luns, o tempo non nos permitiu realizar as carreiras de relevos que tiñamos programadas pero o martes si pudiemos disputar uns partidos de brilé mói intenso.
O mércores saltamos á corda.
O xoves tivemos a visita dos monitores do Xinmasio Olimpic para facer unha demostración de Taekwondo e Zumba.
O venres camiñamos a Milla Verde polo Clima ademais de facer un minuto de silencio e dar a benvida as novas Patrullas Verdes que velarán, coa axuda de todos, para que o noso patio sexa un espazo limpo de lixo.
Foi unha semán completiña pero gozamos moito de todas as actividades.
Este vai a ser un ano de película pois o proxecto será: Sabela cámara e acción!
Así que, da man de Sabela, aprenderemos un montón de cousas sobre o cine.
Todo estaba preparado para a gran estrea no Cine Rubiáns e aínda que os verdadeiros protagonistas son o noso alumnado, esta vez os mestres decidiron recibilos caracterizados de protagonistas de película! Foi moi divertido!
A nota predominante de toda a xornada foi a ledicia polo reencontro pero tamén tivemos algún que outro chouro (pouca cousa eh!)
Finalizamos a xornada cos xogos de benvida que nesta ocasión estiveron ambientados en diferentes películas infantís.
Xa co curso rematado, podemos dicir que desfrutamos dos nosos recreos de xeito moi activo.
Foron moitas as nenas e nenos que decidiron ocupar os seus recreos xogando!
Puidemos participar nun campionato de salto á corda, de petanca e tamén de Datchball, amosando o ben que se nos da colaborar e cooperar cos compañeiros e compañeiras!
Agora soamente queda desfrutar das vacacións e prepararse para o vindeiro curso.
Bo verán e a seguir xogando!